O himno galego pon o ramo a unha marcha masiva a prol dun galego sen límites

O himno galego pon o ramo a unha marcha masiva a prol dun galego sen límites

[NOTICIA EN ACTUALIZACIÓN] A xente nunca falla ás convocatorias de Queremos Galego. Miles marcharon polas rúas de Compostela baixo o lema xenérico de "En Galego, sen límites". "O galego non está ben, pero estará vivo mentres haxa un pobo que o defenda", dixo Marcos Maceira no discurso de clausura do acto nun Quintana chea.


A marcha púxose en andamento desde a Praza da Alameda a partir das 12.15 horas con miles a corearen a palabra de orde "Na Galiza, en galego".

Nunha breve intervención perante os meios antes de comezar a manifestación, Marcos Maceira advogou por unha mudanza radical da política lingüística no país. Puxo como exemplo dos atrancos que sofren as e os galego falantes problemas tan cotiás como "non poderen abrir unha conta corrente en galego". Denunciou aínda que o galego ten cada vez menos "presenza" no ensino.

 



x