DENÚNCIAO A MESA

Nas oposicións ao Sergas o castelán prevalece sobre o galego

Nas oposicións ao Sergas o castelán prevalece sobre o galego

Así o fan constar nas instrucións sobre a proba, denuncian desde A Mesa, que lembran que non é esta a primeira vez desta discriminación. “Este desprezo ao galego ten responsábeis e deben ser cesados”


O exame da oferta pública de emprego do Sergas reuniu a pasada fin de semana en Silleda a 3.647 persoas aspirantes para 401 prazas. Unha proba que se podía facer en galego ou castelán mais no que prevalecía este segundo “a efectos de comprensión lóxica”.

 

Na folla de instrucións afirmábase textualmente que “en caso de erro tipográfico ou de transcrición do texto editado en galego e o editado en castelán, do cuestionario bilingüe, prevalece este último aos únicos efectos da súa comprensión lóxica, sen prexuízo das aclaracións vinculantes que de viva voz poida advertir o tribunal durante a realización da proba.”

 

Esta afirmación é para A Mesa un compendio de prexuízos. “Esta breve instrución evidencia os prexuízos e a discriminación e consideración que lle dan ao galego na Xunta e na Consellaría de Sanidade”. Marcos Maceira, presidente da Mesa, afirma que “estamos ante un feito gravísimo e llembra que non é a primeira vez que pasa pois a Mesa ten denunciado vulneracións lingüísticas no Sergas tanto a doentes como ao persoal.



x