PALABRAS CON MEMORIA

O pao e mailo pau son como o irmao e mailo irmau

O pao e mailo pau son como o irmao e mailo irmau

Alacoto.-  Pau grande e basto que se leva na man.

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada) e terras de Forcarei.

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

Aveacas.- (Ademais de significados xa rexistrados) Son dúas pezas que forman parte do arado de pao, a carón do temón, cuxa función consiste en afastar a terra para os lados. Úsase no millo e sucando o centeo.

Lugar de escoita.- Canices, O Reino e todo o concello de Piñor de Cea (Ourense).

Fonte.- Antonio Moure Narón.

Carranca.-(Ademais de significados xa rexistrados). Aparello feito con paos unidos por táboas que se pon na parte dianteira do carro.

Lugar de escoita.- O Páramo (Lugo)

Fonte.- Suzana do Páramo.

Mourón.- Pao no que se asenta o carro.

Lugar de escoita.-  O Páramo(Lugo).

Fonte.- Suzana do Páramo.

Seitoiro.- Rella metálica do arado romano de pau.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Tarandeira.- (Ademais de significados xa rexistrados). Pau longo que se pon atravesado na entrada dun eido.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Umeso.- Nome que recibe o arado de madeira.

Lugar de escoita.- Cerceda.

 

Fonte.- Rocío Calviño Montes./CPI O Cruce de Cerceda.