A produción editorial en galego cae 13,1% mentres aumenta en castelán, vasco e catalán

A produción editorial en galego cae 13,1% mentres aumenta en castelán, vasco e catalán

Os dados do estudo ‘Panorama da edición española de libros’ que anualmente publica o Ministerio de Educación hai tempo que deixaron de conter boas novas para o galego. O exemplar correspondente a 2016 non é unha excepción nesta tendencia: a edición de libros en galego baixou 13,1% en 2016. Unha caída que contrasta co bo momento que viven o español, o catalán e o vasco, on de aumentou a produción editorial.

 

Así, en 2016 a produción editorial en castelán incrementou 7,5%; en catalán, 7,2% e en éuscaro nada máis e nada menos que 34,5 por cento. Pola contra, o galego baixa mais o valenciano [o informe do Ministerio distingue entre valenciá e catalá] ten aínda peor comportamento, cunha caída de 48%. No ano anterior, 2015, a produción en galego caeu 3,1%. Un exercicio que en catalán medrou en 13%, en vasco 8,5% e en valenciano, 22%.

 

En 2016 editáronse 86.000 títulos no Estado español. 85,5% deles en español e 10% en catalán. O vasco xa supera o galego: 2,1 por cento fronte ao 1,5%. 



x