A RAG toma nota do Protocolo de Donostia para a garantía dos dereitos lingüísticos

A RAG toma nota do Protocolo de Donostia para a garantía dos dereitos lingüísticos
Pola esquerda, Xela Armas, Fina Casalderrey, Víctor F. Freixanes, Pilar García Negro, Marcos Maceira, Marilar Aleixandre e Paul Bilbao. Autor: RAG
Pola esquerda, Xela Armas, Fina Casalderrey, Víctor F. Freixanes, Pilar García Negro, Marcos Maceira, Marilar Aleixandre e Paul Bilbao. Autor: RAG  

O documento recolle 185 medidas para  reverter a situación das linguas minorizadas. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o Secretario Xeral de Kontseilua reuníronse co presidente da Real Academia Galega, Victor Freixáns


En decembro de 2016 o Kursaal donostiarra acollía centos de axentes e cidadáns chegados de diferentes territorios de Europa, entre eles Galiza, para a presentación oficial do Protocolo de Donostia de garantía dos dereitos lingüísticos. Un documento, continuidade á Declaración Universal dos dereitos lingüísticos de 1996. Un traballo froito dun proceso de acordo desenvolvido nos anos previos por diferentes grupos de traballo, combinando os enfoques científico, académico e social, para construír unha ferramenta que permita reverter a situación das linguas minorizadas e construír unha Europa baseada na igualdade entre as comunidades lingüísticas. “Somos 40 millóns de persoas, no continente europeo, as que temos unha lingua propia diferente das oficiais dos Estados”, lembraba naquela altura Pilar García Negro, membro do comité científico do documento.

Esta quinta feira, 20 de abril, o Protocolo de Donostia presentouse á Real Academia Galega. Paul Bilbao, secretario xeral do Kontseilua, a entidade responsable da comisión de seguimento do Protocolo; a profesora Pilar García Negro; e Marcos Maceira e Xela Armas, presidente e responsable comarcal na Coruña da Mesa pola Normalización Lingüística mantiveron un encontro co presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

En declaracións aos medios após esa xuntanza, Marcos Maceira cualificou esta como “frutífera”, destacando a intención da RAG en traballar para que o documento teñan unha “práctica real” e non fique simplemente nun protocolo teórico. Para Paul Bilbao, as medidas incluídas no Protocolo, “deberían” de ser asumidas “polos poderes públicos” de ter “verdadeiramente unha vontade para garantir os dereitos fundamentais da cidadanía”. O presidente do Konsteilua explicou que o documento contempla toda unha serie de achegas e medidas en diferentes eidos e que cada territorio debe “adaptar á súa realidade”.

O documento toma como punto de partida o principio de que os dereitos lingüísticos son individuais e colectivos e enumera 185 medidas para protexer o cumprimento da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996), e que abranguen desde os ámbitos da educación e da comunicación ao socioeconómico e o da administración pública.

O protocolo establece a constitución dunha comisión de seguimento para supervisar a súa. O galego é unha das linguas obxecto de atención canda o éuscaro, catalán, bretón, tártaro, galés, húngaro, irlandés, saami ou occitano, entre outras.

Pola tarde, o Protocolo de Donostia o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, o o secretario Xeral de Kontseilua presentaranlle ao presidente do Parlamento de Galiza o Protocolo.



x