Sinaturas a favor dos dereitos do galego en #OnosoDerbi e o campionato de Billarda

Sinaturas a favor dos dereitos do galego en #OnosoDerbi e o campionato de Billarda

A Mesa recollerá nas dúas citas deportivas sinaturas para esta iniciativa lexislativa popular, ILP, que procura que se fixe un contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais.


O domingo, co gallo de ‘O Noso Derbi’, e o sábado, co Campionato de Billarda na Praia de Laxe, as persoas que queiran apoiar a ILP de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, poderán facelo. A Mesa vai montar postos en ambas as dúas citas deportivas. Impulsará así a campaña de recollida de sinaturas na que pretende sumar miles de apoios durante los vindeiros catro meses.

O sábado, 18 de marzo, entre as 16:00 e as 19:00, o posto estará a disposición dos asinantes durante o Campionato de Billarda na Praia de Laxe ao lado do porto e, se chove, trasladarase ao polideportivo.  O domingo,19, entre as 17:30 e as 18:30, A Mesa porá a posto de recollida de sinaturas para as persoas asistentes ao encontro de fútbol entre o Deportivo e o Celta.

A ILP pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua coofiacial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos.