Só 0,6% dos xogos e xoguetes que se comercializan en Galiza inclúen o galego

Só 0,6% dos xogos e xoguetes que se comercializan en Galiza inclúen o galego
Xogos tradicionais
Xogos tradicionais  

 

Un estudio da Mesa indica que a presenza do noso idioma nos brinquedos é “practicamente inexistente”  e que esta situación non se pode xustificar apelando a que non hai demanda. “É unha cuestión de falta de igualdade de condicións”.


A Mesa analizou 24.706 xogos e xoguetes que se comercializan en Galiza e descubriu que só 148 incluían o galego no seu contido, o que supón 0,6% do total. Se imos aos que unicamente están en galego, a porcentaxe cae a 0,38%. Estes son algúns dos dados que figuran no estudo ‘A situación da lingua galega nos xogos e xoguetes en Galiza’, que vén de ser presentado esta quinta feira.

 

“A gran maioría esán en castelán, portugués, inglés e outros diferentes ou unicamente en castelán”, indícase, “non é até o noveno posto onde atopamos o galego como unha opción para os xogos e xoguetes en Galiza”. Dáse a situación de que a presenza do galego é case inexistente neste eido mentres que podemos atopar en Galiza unha grande oferta de brinquedos en inglés.

 

A escasa presenza do galego dáse tanto no que respecta ao contido como a etiquetaxe ou ás instrucións. “Hai quen xustifica a nula oferta en que non teñen demanda”, indícase no estudo da Mesa. Un argumento, indican, que non se sotén. “É máis que un problema de demanda, é unha cuestión de falta de igualdade de condicións. Se houbese ne galego os mesmos que hai en castelán, que elixirían os consumidores e consumnidoras?”.

 

Estamos, pois, perante unha “desigualdade de condicións” e ante unha “cuestión social”. “Temos interiorzado que, como noutros aspectos da vida, os xogos e xoguetes son en castelán, fan parte da nosa normalidade”.

 

E non debemos esquecr que os brinquedos son fundamentais para amsocialización e formación das crainzas, polo que a ausencia nos mesmos do galego é unha eiva importante para o noso idioma. De aí que cómpra adoptar medidas e políticas que, como reivindica A Mesa, nos garantan “o dereito a xogar en galego”. E aí o goberno galego debería xogar un papel de compromiso co idioma.

 



x