O 64% das teses na Universidade de Compostela son en español, o 20% en inglés e un 15% en galego

O 64% das teses na Universidade de Compostela son en español, o 20% en inglés e un 15% en galego
USC
USC  

É o cuarto ano consecutivo de descenso nas teses feitas en galego 'norma oficial'. Das 293 teses lidas en 2013 na USC, 190 realizáronse en español (o 64%). En inglés foi o 20%, superando á suma das feitas en  'portugués' (8%) e 'galego' (7%).


 

O ano pasado foron lidas na Universidade de Compostela un total de 293 teses, das que a abrumadora maioría foron en español, un 64%, segundo dados de O Cartafol (boletín de normalización lingüística da USC). O segundo idioma foi o inglés, cun 20%, seguido do 'portugués' (8% das teses) e o terceiro o galego norma 'oficial' (7%).

Hai máis teses en inglés que as feitas en 'galego' e 'portugués' xuntas

Das 20 teses defendidas en galego norma 'oficial', 13 redactáronse unicamente en galego, e outros 7 incorporárono ben como lingua principal (7 teses) ou ben como lingua secundaria (9 teses). Nos casos en que o traballo se elabora en dous idiomas, cada un deles contabiliza como 0,5. 'O Cartafol' afirma que o abano de departamentos onde se presentan teses en galego é amplo, e abrangue dende, como é natural, Filoloxía Galega ata Produción Vexetal, Física Aplicada, Historia I, Ciencias da Comunicación, Teoría da Educación, Filosofía, Anatomía e Produción Animal, Bioloxía Celular e Ecoloxía...

Hai dados sobre teses en galego desde 1990, presentando “numerosos altibaixos e nunca chega a superar o 15%; agora levamos catro anos consecutivos de descenso”.

“Máis importante aínda é que o cruzamento de datos de solicitantes de axudas á realización de teses de doutoramento en galego dende 1994 e de utilización da nosa lingua na docencia por parte destes mesmos profesores e profesoras, revela un grao de fidelización moi elevado ao uso do galego”.



x