PALABRAS CON MEMORIA

Todo ou parte aínda é da nosa aldea

Todo ou parte aínda é da nosa aldea
Un carro do país
Un carro do país  Foto: Wikipedia

Arrecadar.- (Ademais de significados xa rexistrados). Frear o carro coa parella de bois ou vacas. Tamén ten o significado de tatexar.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

 

Arrecadén.- (Ademais doutros significados). Parella de bois ou vacas enganchada á traseira do carro, que serve de freo nas baixadas.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

 

Gho.- Aturuxo que se lle di ás vacas para que se paren.

Lugar de escoita.- Manle, A Baña.

Fonte.- J.J. López.

 

Granuar.- Ornear, asnear. 

Cantiga: “Vaite d’aí, barballón-e, que estás a barballoar-e; pareces a miña mula, cando está a g(h)ranuar-e”.

lugar de escoita.- Calvos (Fornelos).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

 

Grave.- (Ademais de significados xa rexistrados) Aquilo que se colga detrás dos bois para arar.

Lugar de escoita.- A Coruña.

Fonte.- Claudia Herron Mulet. 

 

Quizo.- Almaio, becerro pequeno.

Lugar de escoita.- Vilouzán (Láncara).

Fonte.- Suzana do Páramo.

 

Tustelo.- Can pequeno.

Lugar de escoita.- Nois (A Mariña).

Fonte.- Marco Candia.

 

Palabras con Memoria é unha sección que coordena a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Todo o material podes consultalo aquí.

 

Se queres achegar algunha palabra que non apareza nos dicionarios, dirixe as túas propostas ao correo palabra.con.memoria@aelg.org (indicando a palabra, a súa acepción e o lugar en que foi recollida) ou cobre este formulario.



x