CARA AO 17M

Unha lingua busca amparo

Unha lingua busca amparo
[Imaxe: GZFoto] Manifestación polo 17M de 2016
[Imaxe: GZFoto] Manifestación polo 17M de 2016  

Recorrente, prolixo e inevitábel, o debate sobre o estado da lingua é un combate diario entre quen acredita no galego como idioma do país e quen pensa que o idioma é un defunto ao que lle render a homenaxe anual das Letras. Esta semana previa ao 17 de maio a disputa continuou na Academia e no Parlamento. Sen avances. Deixamos un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 245.


“O galego é o único idioma do Estado español que perde falantes a unha velocidade que podería convertelo en residual en poucas décadas”, escribe o escritor e profesor Carlos Callón no arranque do seu último libro. A diagnose é amplamente asumida. A lingua está condenada á intranscendencia de non producirse un xiro radical na política lingüística do país nos próximos anos.

3“Mesmo que as políticas lingüísticas fosen ambiciosas e fantásticas, estas acompañan sempre as aspiracións lingüísticas que ten a sociedade, e a sociedade galega non é unha sociedade que teña demostrado moita ambición en relación á normalización lingüística”, reflexiona Eduardo Sanches Maragoto, presidente da Agal, nun ciclo de conferencias que organiza estes días a Facultade de Filoloxía da UDC.

Hai menos dunha ducia de alumnos no Salón de Graos da facultade. Pero os estudos sobre a lingua son unha das fontes máis prolíficas e prolixas da academia e a feble industria editorial. Isto pasa nos países por normalizar. Tamén, que os filólogos deveñan políticos.

 

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 245, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]



x