PALABRAS CON MEMORIA

Xente comedora, logo e arestora

Xente comedora, logo e arestora
Unha anacra
Unha anacra  

Anacra.- Nécora.

Lugar de escoita.- Santa Cruz – Oleiros (A Coruña)

Fonte.- Cristóbal Ramírez.

 

Babuxo.- Mollo espeso que se xunta coa pataca desfeita dun guiso ou estofado.

Lugar de escoita.- As Mariñas (A Coruña)

Fonte.- Xosé Luís Martínez Pereiro.

 

Empiagar.-(Á parte de significados orográficos xa rexistrados) Sentirse farto, sentirse saciado. Exemplo: “Non comes máis, empiagaches?”

Lugar de escoita.- Sta. Euxea – Guntín (Lugo)

Fonte.- Elisa Lama Mourenza (por medio de Mª Xesús Lama López).

 

Engallada.- (Ademais de significados xa rexistrados) Masa de zorza. 

Exemplo: “Hai que botarlle máis picante á engallada, que a Raquel gústanlle os chourizos moi picantes”.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Rosalía de Vilaquinte/Endl Navia de Suarna. 

 

Turrullón/turrullois.- Roxón/roxóns.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Toño Núñez.

 

Turruñón/turruñois..- (Ademais de significados xa rexistrados) Roxón/roxóns.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Endl de Navia de Suarna

 

Veado.- (Ademais de significados xa rexistrados). Dise do touciño con vías, vetas ou veas de freba.

Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo), Pontevedra, Viascón (Cotobade), Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

 

 

Palabras con Memoria é unha sección que coordena a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Todo o material podes consultalo aquí.

 

Se queres achegar algunha palabra que non apareza nos dicionarios, dirixe as túas propostas ao correo palabra.con.memoria@aelg.org (indicando a palabra, a súa acepción e o lugar en que foi recollida) ou cobre este formulario.