A Xunta insta Adega a que lle remita documentación en castelán para axilizar trámites

A Xunta insta Adega a que lle remita documentación en castelán para axilizar trámites
Fins Eirexas (Adega) e Marcos Maceira (A Mesa)
Fins Eirexas (Adega) e Marcos Maceira (A Mesa)  

A Mesa e a asociación ambientalista denuncian o que consideran que é un claro exemplo de “discriminación e chantaxe” lingüística.


A Xunta de Galiza empraza nun escrito a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (Adega) a que lle achegue en castelán documentación que os ambientalistas lle remitiran en galegono seu trámite para ser declarada de utilidade pública. Unha petición que a Xunta lle fai argumentando que é “coa fin de evitar dilacións na tramitación do procedemento” .

adega escritoAsí o denuncian tanto Adega como A Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), que cualifican estes feitos de “discriminación, imposición e chantaxe lingüistica” por parte da Xunta na tramitación dun expediente administrativo. A Xunta xustifica a súa petición, afirman, en que o Ministerio de Facenda, que debe emitir informe, “está a requerir a documentación en lingua castelá”. Mais A Mesa e Adega lembran que o órgano substantivo para resolver este procedemento é a Xunta, “e por iso sorpréndenos que sexa a propia administración galega a que inste a usar o castelán fronte ao galego para “axilizar trámites”.

O artigo 36.1 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común establece que a lingua dos procedementos tramitados pola Administración Xeral do Estado será o castelán. Porén o anterior, os interesados que se dirixan aos órganos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma poderán tamén empregar a lingua que sexa cooficial nela. Neste caso, o procedemento tramitarase na lingua elixida polo interesado. (…)”.

A maiores desta “falla de cumprimento da legalidade” polo Ministerio de Facenda, que en base ao artigoanterior terían que admitir o galego, para Aega e A Mesa resulta “intolerábel o desleixo da Xunta no cumprimento da súa función normalizadora”. Consideran que debería se a primeira defensora da legalidade e valedora dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes, mais que se comporta como “cómplice coa actitude discriminatoria de Facenda”.



x