ASASINADAS A MANS DA GARDA CIVIL

Nebra continúa a lembrar as súas mártires, 101 anos despois

Nebra continúa a lembrar as súas mártires, 101 anos despois
[Imaxe: Paco do Martelo] Monólito de lembranza ás vítimas de Nebra
[Imaxe: Paco do Martelo] Monólito de lembranza ás vítimas de Nebra  

12 de outubro, un día para render homenaxe ás seis vítimas mortais masacradas en Nebra (Porto do Son) pola Garda Civil cando se manifestaban contra un gravame inxusto e abusivo.


 

Era 12 de outubro de 1916 cando un grupo de veciños e veciñas de Nebra (Porto do Son) erguían a súa voz nun protesto na ponte de Cans para botaren abaixo un imposto que lastraba a súa actividade agraria e que fora ordenado polo alcalde para saldar o déficit nas contas de 1915.

 

Ese día, uns 300 veciños e veciñas mobilizábanse pacificamente contra o embargo dunha vaca a un veciño polo impago do tributo especial. A Garda Civil disparou indiscriminadamente contra a masa. Resultaron feridas de bala 32 persoas e faleceron Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Generosa Cadórniga, Rosa Cadórniga Maneira e Antonio Sobrado Luaces.

 

O protesto na ponte de Cans non era a primeira mostra de rexeitamento do tributo por parte da veciñanza. De feito, a Liga Agraria de Nebra convocara reunións e concentracións en abril de 1916, unhas mobilizacións que tiveron continuidade até o fatídico 12 de outubro. Ao longo deses meses, todas as peticións dos veciños e veciñas foran desatendidas polo Goberno local.

 

Actos de homenaxe

 

101 anos despois, continúan os homenaxes ás vítimas daquela masacre e lembrar a revolta agraria. O BNG organiza, ás 18:00 horas, unha ofrenda floral no monolito á memoria das vítimas, en Ponte de Cans.

Tamén a propia veciñanza rende homenaxe ás persoas asasinadas en 1916. Haberá no local veciñal a proxección dunha curta, coloquio con Francisco Leira (investigador USC)  sobre “Formación e destrución da sociedade civil; dos Mártires de Cans ao golpe de estado de 1936”. Na igrexa de Nebra celebtrarase unha misa polas vítimas (18:00) e media hora despois, ofrenda floral no monolito.



x