Detido o responsábel do atropelo deliberado de seis militares en París

Detido o responsábel do atropelo deliberado de seis militares en París

Esta cuarta feira 9 de agosto un condutor lanzaba o vehículo contra un grupo de seis militares da operación antiterrorista nas aforas da capital francesa que resultaron feridos. A fiscalía antiterrorista investiga o incidente pero as autoridades non o califican de atentado polo momento.


O atropelo tivo lugar en Levallois-Perret, nas aforas de París. Os seis militares quedaron feridos, tres deles graves aínda que non se teme pola súa vida, segundo confirmou o Ministerio de Defensa. Trala agresión o condutor deuse a fuga. A policíadetívoo horas despois.

 

O atacante agardou no coche que se atopaba aparcado nunha rúa cercana, enfrente ás instalacións habilitadas como cuartel, e agardou a que os militares saísen para camezar a patrullar para lanzarse contra eles. Cabe destacar que na localidade na que tivo lugar o atropelo se atopa a sede da Dirección Xeral de Seguridade Interior (DGSI), o servizo de espionaxe francés, e que está ubicada a escasos 800 metros do lugar.

 

A axencia France Press informaba que a sección antiterrorista da fiscalía de París investiga o feito baixo a premisa dunha “tentativa de asasinato de persoas depositaria da autoridade pública en relación cun acto terrorista”. As autoridades móstranse cautelosas e non aclaran de momento a natureza do altercado. O alcalde de Levallois-Perret, Patrick Balkany, afirmou porén que se trata dun acto deliberado sen lugar a dúbida.

 

 



x