De cando en Ferrol se fabricaban bicicletas

De cando en Ferrol se fabricaban bicicletas
Un anuncio na imprensa da época
Un anuncio na imprensa da época  

William V. Martin, inglés de nacemento e nacionalidade, pasou a maior parte da súa vida en Ferrol chamándose Guilermo V. Martin e exercendo de vicecónsul británico, posto desde o que xestionou unha ampla gama de negocios relacionados co seu cargo, especialmente a abastecemento da mariña real.


Tamén foi o primeiro presidente do Circulo Mercantil de Ferrol, fundador da Cociña Económica ou benefactor do Racing, a quen cedeu os terreos para a construción do campo de fútbol do Inferniño, e un dos fundadores, en 1895, do Club Velocipédico Ferrolano, que en maio de 1896 xa contaba con 80 socios.

 

Tanta abundancia de velocípedos, común ao que acontecía noutras cidades, complicaba moito o tránsito polas rúas de Ferrol, de xeito que nese mesmo ano un bando da Alcaldía prohibía o tránsito. A medida, considerada pola prensa como acertada, levou a que o presidente do Círculo Ciclista solicitase que, polo menos, se permitise que as persoas que querían aprender a andar en bicicleta utilizasen a parte central do paseo Marques de Suanzes en horario de catro a dez da mañá (era mes de xullo de 1896). E para o resto dos usuarios quedaban as aforas que tampouco eran seguras pois moitos ciclistas quéixanse de que os viciños lles acirran os cans, cando non os rouban directamente.

 

Non pensemos que estas circunstancias eran exclusivas de Ferrol. En Londres, no mesmo ano de 1896, un numeroso grupo de velocipistas diríxense ás autoridades para lles pedir que graven as bicicletas cun imposto “por elevado que sexa” para así poder dispoñer das mesmas garantías de seguridade que os seus colegas de París que xa dispuñan de carril-bici.

 

Tanta abundancia de velocípedos, común ao que acontecía noutras cidades, complicaba moito o tránsito polas rúas de Ferrol, de xeito que nese mesmo ano un bando da Alcaldía prohibía o tránsito

 

En 1929, xunto con Bello Piñeiro, William V. Martin formou parte da comisión encargada de reunir obxectos interesantes de cerámica de Sargadelos co obxectivo de os exhibir no pavillón da Galiza na exposición Ibero-Americana de Sevilla. Posuía estaleiros e concesións para explotar os filóns de pirita da contorna.

 

Mais traémolo aquí como inventor e fabricante de bicicletas. En 1894 proponse establecer unha fábrica de bicicletas en Ferrol. “Os moitos prosélitos da locomoción a pedal fixeron xermolar no cerebro deste ferrolán a idea”, dinos El Correo Gallego que engade “falta fai que en Galicia se monten fábricas onde o obreiro poida gañar sustento para el e a familia”

 

Screen Shot 2017-11-03 at 12.42.45Cando casa, outubro 1896, El eco de Santiago xa o cualifica de “conocido ciclista”. No mesmo ano, tal como recolle a revista El Deporte velocipédico, Martin traballa nun prototipo de bicicleta acuática da súa invención co que percorre máis dunha legua pola ría de Ferrol e as súas máquinas son xa claramente triunfadoras en competición: un dos modelos gaña a etapa Alicante-Elche-Alicante, 47 quilómetros, empregando unha hora e trinta e sete minutos.

 

Con casa central en Ferrol, onde hai máis de 500 máquinas en depósito, e outros depósitos en Madrid e Valladolid, os modelos La Campeona A e B son a admiración dos ciclistas. Vende a prazos, desde 5 pesetas á semana para un custo de 300 ptas. ou aluga. Ofrece variado e completo surtido de todos os accesorios, reparacións de toda clase e transformacións á medida.

 

Guillermo V. Martín desenvolve un negocio do que, curiosamente, non queda nin memoria en Ferrol, lugar onde morreu na década de 1960 con 98 anos.

 



x