Cangas acolle este serán a presentación de 'Os nomes do terror'

Cangas acolle este serán a presentación de 'Os nomes do terror'
Escuadra fascista de Cangas. Foto: cedida
Escuadra fascista de Cangas. Foto: cedida  

Delacións, escuadras negras, terror nacional católico, paseos, listas de desafectos. Así se impuxo o fascismo na Galiza de 1936. Por primeira vez, un libro monográfico dedícase a recoller investigacións e estudos sobre a identidade e as tácticas dos verdugos. Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, editado por Sermos Galiza, preséntase este serán, ás oito, no salón de plenos do Concello de Cangas.
 


Xosé Álvarez Castro, autor dun dos 13 ensaios incluídos no volume, o coordinador do mesmo Xoán Carlos Garrido Couceiro, e o presidente de Sermos Xoán Costa serán os encargados de explicar os contidos de Os nomes do terror. Neles figuran non poucos datos sobre o despregamento represivo na bisbarra do Morrazo, concretamente en Bueu. Ou sobre como o crego de Cangas entregou información dos "obreiros que construíran a Casa do Pobo" aos franquistas.

 

Os nomes do terror esgotou a súa primeira edición en menos de dous meses. A segunda chegou hai varias semanas ás principais librarías do país. Centos de persoas asistiron ás múltiples presentacións da obra.



x