HISTORIA

Colón, galego?

Colón, galego?
[Imaxe: SG] Cristovo Colón
[Imaxe: SG] Cristovo Colón  

Hai un Colón xenovés, un Colón corso, un Colón francés, un Colón inglés pero tamén un Colón portugués, vasco, catalán, para algúns nado en Barcelona e para outros nas illas, español, reclamando a súa paternidade Andalucía, Extremadura ou Aragón, e mesmo grego ou armenio. A reivindicación da galeguidade de Colón foi iniciada nos anos finais do século XIX polo pontevedrés Celso García de la Riega.


1As dúbidas sobre a orixe de Cristovo Colón, consecuencia da vontade do interesado por agochar o seu pasado e da ausencia de documentación definitiva sobre a súa terra de nacemento, ten favorecido a aparición de diferentes teses que reclaman nacionalidades diversas para o mariño. Estamos diante dunha controversia que nalgúns casos arrastra séculos e que mantén unha grande actualidade como demostra a abondosa bibliografía que segue a xerar a cuestión e os vivos debates no ámbito historiográfico.

 

A reivindicación da galeguidade de Colón, iniciada nos anos finais do século XIX polo pontevedrés Celso García de la Riega, está ligada ao achádeo por parte do investigador e de Casto Sampedro de diferentes documentos que acreditaban a presenza en Pontevedra dunha xinea Colón e mesmo dun Cristovo ao longo do século XV. Á marxe das motivacións ideolóxicas, estamos diante dun españolista militante enfrontado ao rexionalismo galego dirixido por Murguía, do propio contexto político, un estado sacudido pola crise provocada pola perda das colonias e necesitado de referencias imperiais, a tese rieguista fornecía unha explicación coherente e unha base documental sólida. Non tardaría a “Real Academia de la Historia” en impugnala, afirmando que se fundamentaba en documentación falseada polo autor. Porén á volta dos anos 70, sometidos os escritos a un fondo estudo conforme ás novas técnicas, ficou confirmada a súa autenticidade.

 

[Podes ler a peza completa no Sermos Galiza 269, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x