Festa da árbore

Festa da árbore

A primeira vez que a Galiza fala da Festa da árbore é setembro de 1895. Unha festa nada 20 anos antes en Nebraska, se non queremos levar conta do visto en 1569 en Mondoñedo: Luís de Luaces, alcalde, manda que cada veciño acuda ao campo dos Remedios con tres árbores froiteiras para plantar.

 

O caso é que El Eco de Galicia anuncia que en novembro a Deputación de Lugo confiará “a mil niños y a mil niñas dos millares de árboles” para as plantaren e coidaren “a fin de crear estímulo entre los pequeños

 

Estímulo

 

A prensa de Lugo reclama árbores para acalmar o Sol no paseo de verán pola ronda da muralla; a Gaceta de Galicia, marzo de 96, glosa a festa habida en Madrid, virada paradigma do glamour pola presenza nela do “tierno soberano” e reclama que a festa da árbore se “verifique” en todas as poboacións, especialmente na provincia da Coruña, onde existen grandes extensións de terreo “casi esterilizadas por la falta esencialísima de arbolado”.

 

El Áncora, diario católico de Pontevedra, rexeita, por paganistas, estas iniciativas, esta “pantomima tan estravagante como peligrosa”, desexando que non se siga a celebrar eses eventos que nos farían retroceder “a los desdichados tiempos en que se adoraba a las cebollas”.

 

Xa ven.

 

Este artigo viu a luz no Sermos233



x