O PP tira de rolete parlamentar para evitar que o goberno se sume á Xunta pro-devolución do Pazo de Meirás

O PP tira de rolete parlamentar para evitar que o goberno se sume á Xunta pro-devolución do Pazo de Meirás
Pazo de Meirás
Pazo de Meirás  

Os populares aprobaron en solitario a súa proposta para analizar a situación do inmoble.


O PP botou man da súa maioría absoluta no Parlamento galego para sacar adiante a súa proposta a respecto do Pazo de Meirás, desbotando as da oposición e rexeitando que a Cámara reclame a ilegalización da Fundación Francisco Franco (FFF). Para Luis Bará (BNG), o PP usa a súa maioría para sacar adiante unha proposta  “limitada e con moitos erros e inexactitudes” como manobra para acalar o clamor social a favor da devolución dos bens roubados. O PP evita que así que o goberno galego se sume á Xunta pro-devolución do Pazo de Meirás, impulsada pola Deputación da Coruña e con participación de concellos e colectivos de memoria histórica.

 

Nestes días había a sensación de que no pleno concretaríase un acordo PSdeG e PP para sacar adiante unha proposta a respecto do Pazo Meirás. Mais ese escenario non existiu, embora que o Partido Popular ofecese retirar a súa proposta e apoiar a dos socialistas se deixaban de lado a súa petición de ilegalización da FFF. O PSdeG non aceptou e o PP tirou para adiante en solitario, entre as críticas da oposición por se tentar poñer á fronte dunha loita, a devolución de Meirás, que ignorou e marxinou.

 

O PP rexeitou sistematicamente todas as iniciativas para a devolución de Meirás e demostrou  a súa complicidade coa familia e Fundación Franco  mesmo “regalándolle  53.000 de subvención para abrir o pazo”, denunciou Bará. Agora, reiterou veñen cunha iniciativa  de “boicot  e contra programación á  iniciativa tomada pola Deputación da Coruña xunto  outras institucións e concellos para crear unha xunta pro-devolución do Pazo ”.



x