Retirada a iniciativa do párroco a placa falanxista da igrexa de Lalín

Retirada a iniciativa do párroco a placa falanxista da igrexa de Lalín

A placa honraba José Antonio Primo de Rivera, fundador da Falanxe, e aos ‘caídos’ do bando franquista na Guerra Civil.


Membros da brigada muncipal de obras procederon esta quinta feira a retirar da parede externa da igrexa de Lalín unha placa que honraba o fundador da Falange Española, Primo de Rivera, e os mortos do bando franquista na Guerra Vivil. No acto estiveron presentes o concelleiro de Obras, Francisco Vilariño, e o párroco, Marcos Torres, que foi quen propuxo esta acción na que o Concello colaborou dende o primeiro momento.

 “Non facemos outra cousa que cumprir a lei dándolle absoluta normalidade a algo que non tiña que ter sucedido a través dun exercicio”, indicou Vilariño (BNG), quen explicou que con este acto simbólico “rachouse con moitos anos do que supoñía un insulto para as vítimas do franquismo e para as súas familias”. O membro do goberno local agradeceu “profundamente” ao párroco, Marcos Torres, a súa iniciativa para que a placa de exaltación falanxista deixe de verse na igrexa de Lalín.



x