Roteiro pola memoria en Palas de Rei

Roteiro pola memoria en Palas de Rei
[Imaxe: Pepe Salvadores]
[Imaxe: Pepe Salvadores]  

Diversas entidades, entre elas Adega e mais a Fundación Eira da Xoana, realizaron un roteiro para render homeanxe a vítimas da represión franquista.


Este sábado 12 de agosto tivo lugar, máis un ano, un roteiro “en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión” durante a ditadura franquista. O acto, que foi impulsado con carácter aberto, iniciouse ás 12 horas en Sá, na volta de Ludeiro, no municipio de Palas de Rei. Nese lugar apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño.

 

Desde aí, o roteiro deslocouse até Toques, onde se rendeu homenaxe a Marcial Villamor, en Vilouriz, Ramón Rodríguez Varela (o ‘curuxás’), en Vilamor, Delfino Liñeira Fraga (o ‘tranviario’), en Piñeiro e a Benedicto Fuentes Díaz en Curbián.

 

Finalmente, ás 15h, as persoas participantes realizaron un xantar comunitario na Eira da Xoana, onde se fixo un acto de recoñecemento do que foi alcalde republicado de Agolada, Primo Castro Vila, co que se puxo o ramo a esta acción memorística e que foi amenizada polos músicos Mini e Mero.



x