Suspendida a presentación de 'Os nomes do terror' en Nigrán polo loito oficial

Suspendida a presentación de 'Os nomes do terror' en Nigrán polo loito oficial
Foto: Escuadra Negra de Eirexalba.
Foto: Escuadra Negra de Eirexalba.  

O Instituto de Estudos Miñoranos e Sermos decidiron suspender temporalmente a presentación programada para hoxe en Nigrán do libro Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, editado por Sermos. A razón, o loito oficial decretado pola Xunta debido á vaga de incendios, que afectou especialmente á zona. Non haberá actos públicos durante tres días.
 


Os nomes do terror, a primeira monografía colectiva sobre a identidade e a estratexía dos verdugos do 36, vai xa pola segunda edición. En breve, Sermos e o Instituto de Estudos Miñoranos anunciarán unha nova data para Nigrán.



x