HISTORIA

Os viquingos no Reino de Galiza

Os viquingos no Reino de Galiza
[Imaxe: SG] Torres do Oeste de Catoira
[Imaxe: SG] Torres do Oeste de Catoira  

As primeiras novas sobre a estadía dos viquingos no noso país poderían remontarse ao século VIII. Segundo o historiador sueco Melvinger, botando man das crónicas árabes, o primeiro contacto teríase producido en 795. Porén, o portugués Helio Pires, autor dunha monumental tese de doutoramento sobre a presenza dos pobos nórdicos na Galiza e Portugal, considera moi débil a hipótese do sueco e mantén como data da primeira incursión a tradicional do 844. Eis un extracto do publicado no Sermos Galiza 271.


2A tradición oral. A batalla de Castro Candaz en Chantada cun grupo de viquingos derrotados polos exércitos do rei Ramiro; a casa do normando en Vilaescusa (Sober), onde se refuxiou un fidalgo de Viveiro que fuxía das xentes do norte; o bispo Gonzalo fuxindo naves normandas a golpe de oracións na ría de Foz; a torre derrubada de San Sadurniño en Arousa, Ponte Arnelas, en lembranza dun nobre galego que derrotou os viquingos en Ribadumia. Os restos patrimoniais. A torre de Cálago en Vilanova de Arousa; Os Mourillóns no Vicedo; as torres do Oeste en Catoira; as ruínas da fortificación e a ermida da nosa señora da Lanzada en Sanxenxo ou o castelo de Cedofeita en Pontevedra. As fontes documentais ibéricas, entre outras a Crónica Albeldense , a Crónica de Alfonso III, a Crónica de Sampiro, a Historia Compostelá, as nórdicas como a Morkinskinna, a Fagrskinna, a Heimskringla  e tamén as francas e irlandesas, sinalándose os Anais de San Bertino, a Historia dos Normandos e os  Fragmentos dos Anais da Irlanda. Xa que logo son abondosas as probas e testemuñas para seguir a presenza das xentes do norte no Reino de Galiza así como as relacións que se estabeleceron entre un e outro pobo.

 

As primeiras novas sobre a estadía dos viquingos no noso país poderían remontarse ao século VIII. Segundo o historiador sueco Melvinger, botando man das crónicas árabes, o primeiro contacto teríase producido á volta da década de 790, e máis concretamente en 795, momento en que vascos e viquingos asentados en Gascuña terían apoiado o rei galego Afonso II a repeler unha expedición árabe diante das nosas costas. Porén, o portugués Helio Pires, autor dunha monumental tese de doutoramento sobre a presenza dos pobos nórdicos na Galiza e Portugal, considera esta liña de investigación moi débil, mantendo como data da primeira incursión a tradicional de 844. A esta altura, unha incursión de naves de xentes do norte que viña de subir polo río Garona e atacada Toulouse pon rumbo á costa cantábrica, sendo derrotada polas tropas do rei Ramiro após ser vítima dunha tempestade, segundo a maioría das crónicas na Coruña. Unha parte do corpo desta expedición continuará pola costa atlántica, atacando Lisboa e posteriormente Sevilla, tras navegar río arriba polo Guadalquivir. Á volta de 858 outra armada de xentes do norte chega outra vez ao Reino de Galiza, sendo derrotada na zona do Salnés por “un conde Pedro”, vasalo de Ordoño I, sinalando algúns autores que entón sería tamén asediada Compostela, continuando camiño até Lisboa e acadando as illas Baleares.

 

[Podes ler a peza enteira no número 271 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x