'PERDOA' 1.500 EUROS

A Xunta limita a 4.500 euros a multa á Fundación Francisco Franco

A Xunta limita a 4.500 euros a multa á Fundación Francisco Franco

Concluído o expediente sancionador "aos propietarios do Pazo de Meirás", afirma con expresión neutra a Consellaría de Cultura. Os propietarios son a familia do ditador Francisco Franco e accederon á titularidade do ben grazas a un espolio orquestrado após o golpe fascista de 1936. A Xunta adxudica aos Franco unha "infracción leve" por ter incumprido a súa obriga de facilitar as visitas ao imóbel.


Por esta infracción leve as sancións abalan entre os 300 euros, a mínima, e os 6.000, a máxima. A que impón a Xunta é de 4.500 euros, portanto, a decisión administrativa da Consellaría de Cultura aforra 1.500 á familia Franco.

 

En todo caso, o goberno galego anuncia a abertura dun novo expediente sancionador, desta volta polo anuncio realizado pola Fundación Francisco Franco de que vai cancelar as visitas ao BIC (ben de interese cultural).

 

A Xunta pon en destaque que "actúa ante calquera posible incumprimento da Lei do Patrimonio Cultural e así o seguirá facendo".

 

 

 



x