CARTAS AO DIRECTOR

Clases de galego para Roberto Vilar

Clases de galego para Roberto Vilar

A Televisión de Galicia é, de forma indubidable, un elemento clave na normalización do galego. Como espectador e galegofalante síntome avergoñado e insultado polas continuas erratas, faltas de vocabulario e castelanismos que se cometen no programa de Roberto Vilar, Land Róber. Se a TVG realmente ten coma propósito axudar a normalización do galego, non se pode permitir que o presentador do programa con máis audiencia cometa tantos erros. Cada vez que escoito Land Róber síntome decepcionado, xa que en vez de empregarse o galego, emprégase o castrapo. Non entendo entón, como a TVG permite esta situación. Unha canle de televisión, independentemente de cal sexa o idioma que utiliza, debe ser estrita coa súa forma de emprego, e moito máis, se falamos dunha canle pública. O galego ten unha normativa moi nova en relación con outras linguas, fíxose e faise moito para que se empregue correctamente, pero programas coma este fan que volvamos cara atrás. Espero non seguir tendo vergoña da miña televisión.



Miguel Blanco Franco, A Coruña.

 



x