EDITORIAL SERMOS284

Editorial Sermos284: Feijóo, un mal xestor da facenda galega

Editorial Sermos284: Feijóo, un mal xestor da facenda galega
Feijóo
Feijóo  

Estes días os meios próximos ao poder político na Galiza ofereceron un recital de propaganda. Tocaron todos a unha a mesma partitura: Feijóo tería conseguido na cimeira de Génova dobrar o brazo de Montoro e forzalo a renunciar á súa idea de aplicar unha quita ás débedas das comunidades autónomas que acudiron en masa -a diferenza de Galiza- aos mecanismos públicos de financiamento, o FLA e o FFF. O relato apresentaba Feijóo como o campión dos intereses galegos fronte a un ministro débil perante o nacionalismo -Catalunya- e os territorios gobernados polo PSOE.

 

Os meios próximos ao poder político na Galiza ofereceron un recital de propaganda

 

O problema desa historia é que non aguanta un mínimo contraste coa realidade. Como ten contado o Sermos dixital, non houbo tal retractación de Montoro. A súa posición sempre foi a mesma: a reestruturación da débeda, non a súa condonación formal. Mais reparemos en que reestruturar significa pagar menos. E aí está a chave. As comunidades autónomas que se financiaron co FLA e co FFF pagarán moito menos polos seus empréstimos do que a Xunta (por volta de 1.500 millóns de euros segundo algunhas estimacións), porque esta preferiu endebedarse cos bancos privados. E iso só ten un responsábel político, o titular da Xunta. 

 

[Este editorial aparece no Sermos284, disponíbel aquí e nos pontos de venda habituais]



x