EDITORIAL SERMOS270

O golpe de Estado en marcha

O golpe de Estado en marcha
Policías españois a cargaren contra persoas indefensas no exterior dun colexio eleitoral o 1-O
Policías españois a cargaren contra persoas indefensas no exterior dun colexio eleitoral o 1-O  Foto: NacioDigital

Publicamos a seguir o editorial do número 270 do semanario Sermos Galiza, disponíbel xa na loxa e nos pontos de venda habituais.


Unha revolución democrática como a catalá cuestiona a legalidade do ente político -neste caso o Estado español- que pon obstáculos ao libre desenvolvimento dun direito democrático elemental, a autodeterminación. Desde Gandhi ou Mandela sabemos que as leis, cando inxustas, cando ilexítimas, deben ser desobedecidas, nomeadamente se atentan contra a vontade de millóns de persoas, como acontece neste caso.

 

Destarte, a declaración de independencia é un acto lexítimo dun Parlamento en plenitude das súas funcións. É, alén do máis, o cumprimento dun mandato eleitoral, non só do referendo do 1-O, senón das eleccións catalás -que foron plebiscitarias- de setembro de 2015.

 

A declaración de independencia é un acto lexítimo dun Parlamento en plenitude das súas funcións. É, alén do máis, o cumprimento dun mandato eleitoral

 

E fronte a iso, que fan os poderes executivo e xudicial españois? Perpetrar un golpe de Estado. Violar a súa propia legalidade, a súa propia Constitución e o seu propio código penal: o 155 non faculta ninguén para disolver un Parlament e os cargos por rebelión só se poden apresentar contra quen utilizase a violencia. E en Catalunya os únicos episodios violentos tiveron como protagonistas os corpos represivos do Estado.

 

[Este editorial fai parte do Sermos270, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]



x