EDITORIAL SERMOS278

Editorial: Por outras políticas contra a violencia machista

Editorial: Por outras políticas contra a violencia machista
Mobilización contra a violencia machista
Mobilización contra a violencia machista  

O asasinato de Diana Quer -un crime horrendo cunha enorme repercusión mediática- volta a traer á tona da axenda a premente necesidade de revisar as políticas públicas contra a violencia machista. O primeiro de todo é outorgarlles un carácter de prioridade. Este non é un asunto máis. É a maior violación dos dereitos humanos que se produce na nosa sociedade -o asasinato de mulleres polo simples feito de o seren, o feminicidio- e a resposta dos poderes públicos debe estar á altura dun drama que nos retrata como civilización.

 

O combate contra a violencia machista non pode estar infrafinanciado. É preciso un maior compromiso orzamentario para desenvolver políticas efectivas -desde o plano da seguranza, por suposto, mais tamén desde a esfera educativa e mesmo desde o ámbito da regulación dos meios de comunicación e da publicidade- para garantir o direito inalienábel das mulleres a poderen vivir en liberdade, sen medo e sen estaren submetidas a un proceso de cousificación. Aquí a responsabilidade do PP é máxima -goberna en Madrid e Galiza- e non pode fuxir dela.

 

Este editorial aparece no Sermos278, disponíbel aquí na nosa loxa e tamén nos pontos de venda habituais.



x