Puigdemont toma posesión prometendo fidelidade ao pobo catalán, non á Constitución española

Puigdemont toma posesión prometendo fidelidade ao pobo catalán, non á Constitución española

O 130 presidente da Generalitat obvia calquera referencia ao rei e a constitución, algo inédito nestas tres décadas, na ceremonia de toma de posesión. O Estado avalía impugnar o acto por non citar a carta magna española.


Carles Puigdemont xa é, a todos os efeitos, presidente da Generalitat de Catalunya, o número 130 en exercer este cargo na historia do país. O exalcalde de Girona prometeu o cargo e, a diferenza dos seus antecesores, sen unha soa meción á monarquía española, a constitución do 78 ou o Estatut. O novo presidente limitouse a prometer o cargo “con absoluta fidelidade ao pobo de Catalunya”.

No seu discurso, Puigdemont destacou que prometera fidelidade ao pobo catalán. “Asumo o cargo asumindo unha gran responsabilidade e honor. Síntome debedor de quen me precedeu e sobre todo do president Mas”. O presidente, perante autoridades españolas como o ministro do Interior en funcións ou a delegada do goberno, comprometeuse a ampliar a base social do proceso independentista. 

O Estado estuda impugnar o acto

O goberno español estuda impugnar a promesa de Puigdemont por non facer referencia algunha á constitución española. Neste sentido, e segundo afirma o diario ABC, solicitou un informe á Avogacía do Estado xa que o executivo considera que a fórmula pode ser ilegal-

 



x