O “acoso” e “persecución” policial a un sindicalista chega ao Parlamento

O “acoso” e “persecución” policial a un sindicalista chega ao Parlamento

 

 

O pasado mes de agosto a CIG denunciaba publicamente o acoso por parte de axentes da policía española a un membro da súa Executiva Confederal, a quen trataron “de maneira abusiva e retiveron inxustificadamente xunto ao seu vehículo”. O sindicato considera que  “o abuso” sufrido por este compañeiro (“moi activo na defensa dos dereitos e liberdade civís”) non é casual, senón que se trata, afirma, dunha persecución contra a súa persoa e o sindicato que representa.

 

A denuncia vén de chegar ao Parlamento da man do BNG. O deputado nacionalista Luís Bará defendeu na comisión 1ª da Cámara unha proposición non de lei para abrir “unha investigación” cualificada por estes feitos, cualificados de “auténtica persecución” contra os dereitos e liberdade de expresión. Na iniciativa, Bará tamén  demandaba proceder a “derrogar” a lei para a protección da seguridade cidadá, coñecida como Lei Mordaza.

 

Para Bará, o que pasou con este sindicalista (Renato Núñez) é unha pequena mostra do que está acontecendo coa “conculcación dos dereitos fundamentais”. Para a deputado do BNG, os feitos confirman a aplicación da Lei Mordaza a Renato Núñez e salientou que non é a primeira vez que o sindicalista é acosado por axentes das Forzas e Corpos de Seguridade polo que  reiterou demandar  da Subdelegación do Goberno “abrir unha investigación para depurar as responsabilidades pertinentes”. 



x