Ana Miranda, a un paso de tomar posesión do "euroescano"

Ana Miranda, a un paso de tomar posesión do "euroescano"
Ana Miranda, no momento de recoller a credencial como eurodeputada
Ana Miranda, no momento de recoller a credencial como eurodeputada  

A eurodeputada eleita do BNG recolleu esta quinta feira a súa acta de parlamentar -fíxoo na Xunta Eleitoral Central, en Madrid- e tomará posesión do escano o 28 de febreiro. Toma o relevo de Josu Juaristi (EH Bildu) e estará na cámara europea até o remate da lexislatura, en maio de 2019.


Miranda quixo darlle relevo político a este trámite -a XEC ten as suas dependencias no Congreso dos Deputados- e apresentouse en Madrid na compaña  de familiares das vítimas de Angrois, cuxa causa ten defendido en diversas iniciativas perante as institucións comunitarias. A eurodeputada eleita do BNG reafirmou o seu compromiso de "chegar até o final" neste asunto, para o cal, anunciou, irá utilizar "toda a capacidade do euroescano para esixir unha investigación independente que permita coñecer toda a verdade, resarcir as vítimas, reclamar que se adopten todas as medidas para que non volte a se repetir nada parecido e conseguir que se diriman as responsabilidades políticas".

 

A axenda de Miranda ten riscado en vermello o 1 de marzo, data en que terá un encontro con portavoces da Comisión Europea

 

A axenda de Miranda ten riscado en vermello o 1 de marzo, data en que terá un encontro con portavoces da Comisión Europea -informa o BNG nun comunicado de imprensa- "en relación á petición de apertura dun procedimento de infracción contra o Estado español, polo seu incumprimento da normativa europea en materia de seguranza ferroviaria".

 

Alén de Angrois, a eurodeputada nacionalista proponse "dar voz en Bruxelas" aos problemas "reais" dos "galegos e galegas do común, ese será o meu obxectivo".

 



x