Anova denuncia que se está a aplicar en Catalunya un “estado de excepción non declarado”

Anova denuncia que se está a aplicar en Catalunya un “estado de excepción non declarado”

 “Están en xogo os nosos dereitos fundamentais coma cidadáns, a posibilidade de converternos a todos en súbditos”, afirmou Xosé Manuel Beiras.


A Catalunya estáselle a aplicar un “estado de excepción non declarado” e que, de non se rebelar a cidadanía, acabará nun recorte de liberdades e dereitos estendido a todo o Estado español. Esta é a denuncia que esta quinta feira realizou Anova-Irmandade Nacionalista en Compostela nunha rolda de impresa na que Gladys Afonso, Xosé Manuel Beiras e o portavoz nacional Antón Sánchez.

 

“Non podemos entender como en pleno século XXI o Estado español actúa contra imprentas, redaccións de xornais e medios de comunicación públicos, como pretende prohibir actos por facer “apoloxía do referendo”, como clausura unha páxina web, ou mesmo como manda a declarar a máis de 700 alcaldes e alcaldesas de Cataluña”, sinalaron. “Os golpistas non utilizan urnas, prohíbenas”, afirmou Antón Sánchez.

 

A formación asegurou que en Catalunya estase a dar na práctica a aplicación dun marco de estado de excepción, onde dereitos e liberdades fundamentais  son na práctica abolidos: como os dereitos de reunión, expresión, opinión e conciencia. “Están en xogo os nosos dereitos fundamentais coma cidadáns, a posibilidade de converternos a todos en súbditos. Pretenden liquidar o estado moderno democrático”, denunciou Xosé Manuel Beiras. "Estamos diante do totalitarismo do goberno máis corrupto de Europa, que destrúe probas polos seus casos de corrupción, con 800 imputados, e son eles os que falan de respectar as leis..."

 

Anova anunciou que está a traballar - xunto con outras entidades - na organización de actos a prol da consulta do 1-O.

 



x