EVA SOLLA, A OPCIÓN PARA ESTAR NA MESA

Antón Sánchez e Carmen Santos, viceportavoz primeiro e segunda de En Marea

Antón Sánchez e Carmen Santos, viceportavoz primeiro e segunda de En Marea
Antón Sánchez. Foto: Irene Pin
Antón Sánchez. Foto: Irene Pin  

Antón Sánchez, coordenador nacional de Anova, será o viceportavoz primeiro do grupo parlamentar de En Marea.


A correlación de forzas interna -Podemos ten 7 parlamentares, Anova apenas 2- non se traduciu na distribución de funcións e tarefas dentro do grupo parlamentar de En Marea e, destarte, Antón Sánchez e non Carmen Santos será a segunda voz da confluencia no Hórreo.

“É certo que a sensibilidade de Antón ten menos presenza no grupo, mais non o é menos que se fixo acredor a ser viceportavoz, polo seu bon traballo na pasada lexislatura e polo seu coñecimento das mecánicas da institución”, dixeron as fontes de En Marea consultadas por Sermos.

A cabeza visíbel de Podemos Galiza será, portanto, a viceportavoz segunda.

Canto á negociación para facer parte da Mesa, a opción que xoga En Marea é Eva Solla, deputada supervivente de AGE e secretaria xeral do Partido Comunista de Galiza.