Audiencia Nacional prorroga 18 meses máis o proceso contra os 9 de Causa Galiza

Audiencia Nacional prorroga 18 meses máis o proceso contra os 9 de Causa Galiza

A defensa recorre a decisión, que prolongaría o procedemento até finais de 2018. As persoas encausadas reiteran a exixencia de arquivamento definitivo da causa.


A Audiencia Nacional prorroga 18 meses máis o proceso que ten aberto contra 9 independentistas galegos a raíz da ‘Operación Jaro’, unha decisión adoptada pola maxistrado Eloy de Velasco antes de ser substituído e que prolonga esta fase do procedemento até decembro de 2018. Unha decisión que a defensa das persoas encausadas vai recorrer.

 

O proceso tiña que estar concluído pasado 6 de xuño. Mais esta nova prórroga prolonga a situación de incerteza “penal, política e vital” destas nove persoas, segundo elas propias afirman nun comunicado. Aliás, sinaloulles a súa defensa, nestes 18 meses transcorridos non se “practicaron probas”, é dicir, non houbo actuacións substancias no desenvolvemento da causa penal á que estes 9 independentistas están sometidos desde finais de 2015.

 

A decisión de prorrogar ano e medio o proceso adóptase, ademais, após que as medidas cautelares decretadas no seu momento por Velasco foran caendo, como a suspensión de actividades de Causa Galiza ou a prohibición ás encausadas de saír do Estado español. 



x