Beiras volve apoiar que Villares sexa portavoz de En Marea e Yolanda Díaz evita pronunciarse

Beiras volve apoiar que Villares sexa portavoz de En Marea e Yolanda Díaz evita pronunciarse

Xosé Manuel Beiras ve “lóxico” que a portavocía no Parlamento e a da organización recaian na mesma persoa


Xosé Manuel Beiras volveu dar esta fin de semana o seu apoio público a Luis Villares como a persoa que debe ocupar a portavocía de En Marea. Máis dun mes leva o partido sen nomear coordinadora e portavoz e o veterano político opina que o “lóxico” é que portavocía no Parlamento e na organización recaian na mesma persoa.

"O lóxico é que estean conxugados na mesma persoa o portavoz do traballo parlamentar e o portavoz do traballo na sociedade. Porque ademais, a portavocía non é unha secretaría xeral: non hai concentración de poder", argumentou Beiras, para precisar que o poder está nos órganos colexiados.

Outra das persoas de referencia noutro dos espazos político que nutre En Marea, Yolanda Díaz, evitou pronunciarse a este respecto, segundo indican axencias de noticias. A deputada de En Marea e dirixente de Esquerda Unida considera que a coralidade reflicte ben o espazo político que é o partido instrumental e considera que o debate prioritario debe ser “defender os intereses da xente”. 



x