O BNG considera que os orzamentos deberían servir para “mudar o modelo” destes anos

O BNG considera que os orzamentos deberían servir para “mudar o modelo” destes anos

An Pontón aposta en priorizar as partidas contra a desigualdade e o deterioro dos servizos públicos.


As prioridades do BNG para os orzamentos do 2017 non casan coas do PP. A portavoz nacionalista, Ana Pontón, incidiu esta segunda feira na necesidade de mudar o modelo que se aplicou estes anos e que, dixo, non permite ofrecer unha saída ante realidades como o aumento da desigualdade, a emigración xuvenil ou o deterioro dos servizos públicos. Lembrou a parlamentar que desde o 2009 emigraron 207.000 persoas entre os 16 e 35 anos, no que é a proba de que a política económica de Núñez Feijóo é un “bluff”. “Desde o BNG propoñemos un Plan Retorna para a volta da mocidade emigrada”, dixo, destiando 90 millóns de euros a tal fin.

Nesta liña, enfatizou que cómpre un novo modelo ante unha desigualdade en aumento e o deterioro dos servizos públicos. Entre as medidas que o BNG propón no orzamentos do ano 2017 destacou Propón “duplicar os orzamentos en I+d+i, con 260 millóns de eiros dirixidas á innovación na  transformación de actividades primarias, novas oportunidades nas ecotecnoloxías verdes e renovables así como en sectores estratéxicos como a automoción, téxtil ou naval.”

O BNG tamén considerou necesario un plan de choque para resgatar os servizos públicos comezando polo Hospital Álvaro Cunqueiro e Vigo, reducir as listas de espera, suprimir o repagamento sanitarios e repoñer aos traballadores da sanidade eliminados nos últimos anos. Para as políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero, propuxo o 1% do orzamento total da Xunta. Tamén avogou por rematar co modelo de Sogama. “Nós apostamos por plantas de compostaxe que poderían crear 1.500 postos de traballo directos  en Galiza, unha  aposta estratéxica polo saneamento das rías e un tren de cercanias”.

A preguntas dos xornalistas sobre as declaracións de Feijóo e os compromisos nesta  lexislatura, a portavoz do BNG criticou as promesas incumpridas do presidente da Xunta entre os que destacou o acordo para salvagardar as caixas de aforros para despois propiciar a súa venda e o gran acordo de país para contar cunha AP-9 galega e contra as abusivas peaxes.

 

Instou Feijóo a escoller entre “coller a man que une aos galegos e galegas ou prefire ir de ganchete da Sra. Pastor e o Sr. Rajoy”.