O BNG denunciará en Bruxelas o “delito ambiental” do transvasamento do Verdugo

O BNG denunciará en Bruxelas o “delito ambiental” do transvasamento do Verdugo

Ana Miranda considera que incumpre a normativa europea de augas e denuncia o “mercado” e “malgasto” de recursos hídricos.


O BNG levará a Bruxelas o transvasamento do río Verdugo. Os nacionalistas presentarán unha denuncia contra a Xunta por considerar que o transvase incumpre a normativa europea de augas. Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas, afirmou nas redes sociais que a Comisión europea debe coñecer que a Xunta  "incumpre" a legalidade e denunciou o "mercadeo" e o "malgasto" dos recursos hídricos en Galiza.

 

A operación suporía rebaixar case á metade o caudal do río, ao pasar dos 800 mil litros ao segundo aos 350 litros sen sequera publicar un estudo de impacto ambiental. O portavoz do BNG en Soutomaior, Manu Lourenzo, afirma, en declaracións a Sermos Galiza, que o transvasamento “implicaría un atentado aos bancos marisqueiros, ao medio ambiente e ao sistema ecolóxico do río Verdugo”.

 



x