SOLIDARIEDADE DO BLOQUE CO POBO PORTUGUÉS

BNG chama a "tomar nota" para previr na Galiza

BNG chama a "tomar nota" para previr na Galiza
Meios aéreos nunha operación de extinción
Meios aéreos nunha operación de extinción  

A Executiva do BNG enviou unha comunicación por escrito ao goberno portugués e ao presidente da República para expresar a súa solidariedade e as condolencias polas vítimas do incendio. O Bloque chama a tomar nota do acontecido e denuncia que a Xunta non ten aínda aprobado o Plano de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galiza (PLADIGA).


O BNG considera que a política de prevención da Xunta da Galiza non é digna de tal nome e nese sentido denuncia que "nin se está a cumprir a normativa en canto ás franxas de seguridade previstas para protexer as vivendas e as infraestruturas, nin a día de hoxe o operativo anti-incendios está aprobado".

 

"O mellor antídoto para loitar eficazmente contra os incendios é ter un monte ordenado, produtivo e con usos multifuncionais. Lamentabelmente as políticas da Xunta camiñan en dirección contraria, potenciando o monocultivo de especies que son altamente incendiarias -parece que a masa forestal incendiada en Portugal era fundamentalmente de eucalipto e piñeiro- e desaproveitando a inmensa riqueza do noso monte, clave para ter un medio rural vivo e libre de lumes", di o BNG a meio dun comunicado de imprensa.

 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expresou a súa solidariedade co pobo portugués na súa conta twitter. Alén de se dirixir ás institucións de goberno portuguesas, o BNG transmitiu as súas condolencias a aquelas organizacións políticas coas que mantén lazos de amizade, o PCP e o Bloco de Esquerda.

 



x