O BNG participa no Curdistán na observación internacional do referendo constitucional de Turquia

O BNG participa no Curdistán na observación internacional do referendo constitucional de Turquia

Ana Miranda acompañará o HDP con motivo da consulta que decorrerá este domingo baico estado de execepción.


Ana Miranda está xa en Turquía para participar no Curdistán na a misión de observación internacional que vai acompañar ao Partido Democrático do Pobo (HDP) con motivo da convocatoria do referendo constitucional que decorre este domingo, 16 de abril, impulsado por Erdogan. A Coordinadora de Relacións Internacionais e Portavoz do BNG fai parte da delegación da Alianza Libre Europea (ALE) que vai estar xunto con outras delegacións no Curdistán. O día 15 manterá unha intensa xornada de reunións coa sociedade civil e con prensa na cidade curda de Diyarbakir e na xornada eleitoral do domingo 16,  desprazarase á zona de Cizre, unha das áreas que nos últimos meses estivo no albo da violencia do Estado turco.

O referendo para a reforma constitucional que impulsa Erdogan vaise facer baixo estado de excepción e nun contexto de recorte de liberdades e dereitos. Despois do golpe de estado de xullo de 2016, Erdogan abusou do estado de emerxencia para reprimir á poboación, con masivas violacións de dereitos, como o dereito á educación e ao traballo co peche de 1000 escolas e 15 Universidades; o despedimento de case 5000 ensinantes, moitos sindicalistas do ensino, botando á rúa 134.000 funcionarios públicos; pechando medios de comunicación e metendo na cadea a máis de 200 xornalistas. A represión contra os curdoso intensificouse en 2015 con ataques ás zonas autónomas curdas, con toques de queda sistemáticos, asasinatos, anulación da autonomía local curda con decretos centralizadores e encadeamento de dirixentes turcos. 



x