BNG pide á Xunta que se sume á iniciativa para que o Pazo de Meirás sexa patrimonio público

BNG pide á Xunta que se sume á iniciativa para que o Pazo de Meirás sexa patrimonio público

Os nacionalistas solicítanlle que inicie accións de apoio técnico, xurídico e económico para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego. Reclama tamén do goberno galego  “unha condena pública, firme e contundente”, das declaracións da Fundación Franco por apoloxía do franquismo e do ditador


O BNG pide á Xunta de Galiza que se sume á iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña,  concellos de Sada e A Coruña, Universidade da Coruña, Iniciativa Galega polo Memoria e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña para que o Pazo de Meirás sexa patrimonio público. Os nacionalistas solicitan ademais do goberno galego que inicie accións de apoio técnico, xurídico e económico para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.

 

O parlamentario Luís Bará lembra que a intención das entidades promotoras é crear unha fronte común para conseguir acabar “co espolio de Meirás e converter o Pazo  nun ben de titularidade pública”. Insta tamén o goberno galego a apoiar  a proposta para o  concello de Sada xestione as visitas ao Pazo. Por último, reclama do goberno galego  “unha condena pública, firme e contundente”, das declaracións dos representantes da Fundación Franco por apoloxía do franquismo e do ditador.



x