O BNG propón “abrir” o Parlamento á sociedade fronte a un goberno “esquivo” cos problemas do país

O BNG propón “abrir” o Parlamento á sociedade fronte a un goberno “esquivo” cos problemas do país
Foto: Natalia Porca
Foto: Natalia Porca  

Os nacionalistas queren axilizar os tempos nos trámites das iniciativas e posibilitar que persoas e axentes sociais defendan as súas demandas na Cámara galega. Unha ferramenta para combater a ausencia do executivo no Parlamento. 


O BNG vai presentar unha iniciativa dirixida a “axilizar o Parlamento” para que a Cámara dea unha resposta rápida aos problemas do día a día de Galiza, así como posibilitar que cidadanía e axentes sociais poidan ter “voz directa”  na Cámara a través do recoñecemento do dereito de peticións. Portavoz e vice-portavoz do BNG, Ana Pontón e Olalla Rodil, compareceron esta quinta feira para valorar o primeiro tramo de lexislatura e falar dos pasos da dar no novo ano.

Pontón considera todo un síntoma que o goberno da Xunta apostase en esquivar o Parlamento durante estes tres meses do novo período de sesións. Confunde ter maioría con ter patente de corso, sinalou a voceira nacionalista Neste período ningún dos membros  do goberno compareceu na Cámara, “non ten precedentes na historia do Parlamento”, embora cuestións de calado tales como os asasinatos machistas ou a xudicialización de altos cargos do Sergas polos tratamentos da hepatite C.

Hai unha falla de impulso político para facer fronte aos retos económicos, demográficos e sociais que ten o país, considera o BNG. E iso concrétase nuns “orzamentos continuistas, non achegan ningunha” que supoña traballar escenarios de mellora para o país.

Compromisos

As emendas do BNG estarán centradas, anunciou Pontón, nunha aposta pola innovación, o retorno da mocidade, o rescate da Sanidade, unha renda de garantía social e un “pacto galego contra a violencia de xénero”, dotado con 95 millóns de euros para atender a prevención, a formación, sensibilización e mellorar a rede de acollemento para aquelas mulleres que padezan esta violencia.

Olalla Rodil, de por parte,  criticou a “prepotencia” do Goberno e a nula intención para o diálogo co resto das forzas parlamentarias. No que levamos vivido, neste período, Feijóo e o seu goberno “ningunean “ o Parlamento.