A campaña unitaria polo ‘Si’ no referendo catalán comezará o 15 de setembro

A campaña unitaria polo ‘Si’ no referendo catalán comezará o 15 de setembro

Entidades, colectivos e partidos soberanista realizaron esta quinta feira un acto conxunto para presentar a campaña “máis importante de todas as que se fixeron nos últimos anos”, en palabras do presidente da ANC, Jordi Sánchez, que reivindicou unha campaña no que se evidencie toda a pluralidade do ‘Si’, que sume “moitas voces, moitas cores, moitos sotaques”.

 

Esta campaña unitaria comezará o vindeiro 15 de setembro, dúas semanas antes do refrendo do 1 de outubro. A campaña terá tres grandes actos, con especial fincapé antes do seu inicio na Diada, que “servirá para lembrar que o referendo é democracia”, dixo Sánchez. Cando falta máis dun mes para esa data xa hai anotadas máis de 700 autocarros comprometidos e 35.000 persoas anotadas.

 

Para alén de actos multitudinarios, haberá actos de todo tipo de formato e iniciativas como a de chegar ao medio millón de pancartas distribuídas por toda Catalunya para a Diada. Activarán unha páxina (webdelsi,cat) que terá un espazo para se inscribir como voluntarios e un apartado para poder facer doazóns económicas. Tamén haberá argumentos a favor do ‘Si’ e diversa información de campañas e actos.

 

No acto estiveron presentes representantes dunha quincena de entidades, desde ANC e Òmnium Cultural, á Associació de Municipis per la Independència (AMI),Súmate,   PDECat, ERC, CUP, Demòcrates. Todos destacaron a importancia da unidade nestes momentos, indicando que os adversarios quérenos “divididos”.

 



x