Causa Galiza di que o debate sobre a súa ilegalización retratará a “calidade democrática” dos grupos parlamentares

Causa Galiza di que o debate sobre a súa ilegalización retratará a “calidade democrática” dos grupos parlamentares
causa galiza
causa galiza  

Agradece ao BNG a presentación na Cámara dunha proposición pedindo o arquivo da causa contra 9 independentistas e a condena da ilegalización da formación independentista. Os encausados na operación Jaro solicitaron reunións cos grupos parlamentares de En Marea e PSdeG para reclamar o apoio a esa proposión non de lei.


Causa Galiza agradece ao BNG a presentación no Parlamento de Galiza dunha proposición non de lei (PNL) na que se insta a Cámara a solicitar o arquivo da causa contra 9 dos seus militantes e conmdenar a ilegalización da organización independentista. “A solidariedade entre nacionalistas frente à repressom estatal deve ficar à margem do debate sobre opçons partidárias e estratégias políticas”, afirman nun comunicado.

CG considera que o debate no parlamento desa proposición non de lei vai retratar “de xeito fidedigno e irrebatível a qualidade democrática dos distintos grupos parlamentares”. Aponta, nesta liña, que a complicidade coa súa ilegalización ou a pasividade no proceso contra 9 independentistas “é sinónimo de alinear-se com o fascismo espanhol”.

As 9 persoas encausadas na Operación Jaro' solicitaron reunións cos grupos parlamentares  de En Marea e do PSdeG para reclamarlles o apoio á proposición que presentou o BNG.  Os encausados sinalan que