Causa Galiza anuncia que promoverá un bloque ‘rupturista’ pola independencia para o 25 de xullo

Causa Galiza anuncia que promoverá un bloque ‘rupturista’ pola independencia para o 25 de xullo
Manifestación de Causa Galiza
Manifestación de Causa Galiza  

A formación independentista apela a estar á altura da “demanda das bases sociológicas” do soberanismo a prol dunha “unidade de açom” para o Día da Patria. No marco desa "eventual" mobilización unitaria sitúa o cortexo independentista que convida a impulsar.


 

Causa Galiza informa nun  comunicado da súa “predisposiçom positiva” a un formato que posibilite unha mobilización unitaria do soberanismo para este 25 de xullo, posición que mantén embora, afirma, o formato “nom satisfaga” a totalidade dos contidos propostos por esta formación cando puxo sobre a mesa a iniciativa dun diálogo para procurar a unidade neste Día da patria.

CG recoñece que existe unha demanda nas “bases sociológicas” do soberanismo a prol desta unidade. E anuncia que nunha “eventual mobilizaçom conjunta” aposta por impulsar un bloque “rupturista” e “independentista”, se ben rexeita “capitalizar politicamente” tal bloque ou 'cortexo'. Por iso, di, renuncia a “a ser a entidade convocante da campanha e da mobilizaçom. Pretendemos assim que a cessom do protagonismo político facilite a exibiçom do vigor e a amplitude dum espaço sócio-político que, embora desarticulado política e organizativamente, tem umha firme perspetiva independentista e de rutura com o regime espanhol e o sistema capitalista”.

O que si mantén a formación independentista é a ‘Romaría popular’, a celebrar na tarde do 25 de xullo, como punto de convivio e encontro do independentismo.



x