Concentración contra a presenza do rei emérito en Compostela

Concentración contra a presenza do rei emérito en Compostela

Causa Galiza fai un chamamento a se concentrar na Praza do Obradoiro ás 11:30 horas para rexeitar a presenza de Juan Carlos de Borbón e defender a república galega.


 

cartaz causa galiza reu borbón

Juan Carlos de Borbón, rei emérito español, estará esta sexta feira en Compostela para recibir a súa credencia como ‘embaixador de honra do Camiño de Santiago’. Desde Causa Galiza convocouse unha concentración aberta (Praza do Obradoiro, 11:30 horas) para mostrar o rexeitamento a esa presenza e defender o dereito de Galiza á autodeterminación.

 

O acto foi comunicado en tempo e forma á delegación do Goberno en Galiza, afirman desde a organización independentista.

 

Causa galiza considera Juan Carlos de Borbón “a máxima expressom da fraude histórica conhecida como Transición Española, que possibilitou a transformaçom pactuada da velha Ditadura Militar numha democracia tutelada que impunha a Unidad de España, negava o direito democrático de autodeterminaçom às naçons galega, basca e catalá, assegurava a impunidade de repressores e genocidas e, sobretodo, garantia e perpetuava os privilégios da oligarquia española”.
 



x