PEDRO PUY

"Delfín de Feijóo? Eu non estou niso e agora tampouco é o momento de falar dese tema”

"Delfín de Feijóo? Eu non estou niso e agora tampouco é o momento de falar dese tema”
Pedro Puy
Pedro Puy  Foto: Natalia Porca

Pedro Puy (Granada, 1962) é o portavoz do grupo parlamentar que dá suporte ao Goberno Feijóo. Entrevistámolo neste Sermos224 e pasa revista ao triunfo eleitoral, á relación coa oposición, ao dossier económico e as perspectivas de alargamento, ou non, do autogoberno. Fala tamén para desmentir que estea en nengunha operación de delfinato. Eis un avanzo da conversa.

 

 


-Feijóo acaba de dicer que este o seu último mandato. Dúas cuestións: ten vosté a convicción de que el vai permanecer na presidencia toda a lexislatura e aspiraría a ser o seu relevo, xoga vosté ao delfinato?

mini_puy-A súa vontade de estar toda a lexislatura é clara, tena dito, e ninguén que non teña esa convicción o di tantas veces. En segundo lugar, eu non estou en absoluto nin....nin creo que sexa o momento, agora politicamente non toca falar dese tema, eu comprendo que poda haber interese mediático, estamos comezando unha lexislatura, temos catro anos por diante, temos claro cal é o noso liderado, cal é o noso programa de goberno e o que cómpre é centrarnos niso e non abrir debates que xa se abriron no pasado e que xa se viu que tampouco tiveron moito percorrido. En política existe a ambición lexítima de estar nos cargos para mellorar as cousas, mais tamén o sentido do deber que fai que non sempre fagas aquilo que che apetece do ponto de vista persoal. O presidente o que dixo é que esa ambición xa a ten cuberta, mais xa veremos o que lle dita o sentido do deber ao presidente cando chegue o momento de tomar politicamente unha decisión.

A íntegra desta conversa, unha dupla páxina, aparece no Sermos224, nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.