Demite o deputado de En Marea que inflou o seu currículo

Demite o deputado de En Marea que inflou o seu currículo
Imaxe: Podemos
Imaxe: Podemos  

Juan Merlo, secretario de Organización de Podemos Galiza, renuncia á súa acta parlamentar e tamén a ser o número 2 da formación moarada no noso país.


Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galiza, vén de renunciar á súa acta após que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro cando non posúe ese título.

 

Segundo Europa Press, Merlo anunciou tamén que deixaba as responsabilidades en Podemos, onde era secretario de Organización, o que vén sendo o número 2 de Podemos Galiza.

 

Após coñecerse a información que publicou 'ABC', el propio compareceu perante os medios  para recoñecer o "erro" coa súa "connivencia" e admitir o "bochorno" polos feitos, se ben dixo que a situación non era comparábel coa de Cristina Cifuentes ou Pablo Casado.

 

A decisión de Merlo sitúa de novo o foco e incrementa a presión sobre Paula Quinteiro, á que o Consello das Mareas lle pede a demisión e que, porén, conta co apoio da maioría do Grupo Parlamentar.



x