Un deputado do PDECat presidirá a comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois

Un deputado do PDECat presidirá a comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois

É a opción que cobra forza. A comisión constituirase a vindeiroa cuarta feira.


Após sete meses de bloqueo a vindeira cuarta feira, 18 de abril, constituirase a comisión de investigación no Congreso español sobre o sinistro ferroviario de Angrois de xullo de 2013 no que morreron 80 persoas.  PSOE, Unidos Podemos-En Comú-En Marea e Cidadáns están abertos a apoiar que o PDECat asuma a presidencia desta comisión. Nestes meses, o PP e o PSOE  barallaron case media ducia de alternativas para presidir a comisión do Alvia. Empezouse pensando nun partido minoritario e, após autoexcluirse Ciudadanos, foron tenteando sen éxito a Foro Asturias, UPN e Compromís.

 

A presidenta do Congreso, Ana Pastor, urxíu os portavoves dos diferentes grupos a pechar as presidencias de catro comisións pendentes, entre elas a de Angrois, paso previo para poder constituílas e que poidan iniciar formalmente os seus traballos.

 

Con todo, a representación do Grupo Mixto corresponde ao PDECat, que xa inscribiu o seu deputado Feliu Guillaumes. Os independentistas si estiveron abertos a postularse, mais no seu momento o PP non o vía claro.

 

 

 

 



x