Soraya Sáenz de Santamaría asume a presidencia da Generalitat de Catalunya

Soraya Sáenz de Santamaría asume a presidencia da Generalitat de Catalunya
consello de ministros extraordinario Imaxe La Moncloa
consello de ministros extraordinario Imaxe La Moncloa  

O Boletín Oficial do Estado publica o cesamento do president Puigdemont e de todos os membros do Govern. así como perto de 150 altos cargos, entre eles o 'major' dos Mossos, Josep Lluís Trapero. Rajoy asume as competencias de president da Generalitat e delégaas na vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría


Non se fixo esperar a resposta do goberno español á declaración de independencia do Parlament Catalá. Amparado pola luz verde do Senado ao 155, Rajoy anunciou a disolución do Parlament e a convocatoria de eleccións, que serán o 21 de decembro (quinta feira). O presidente, que compareceu após o Consello de Ministros extraordinario, tamén anunciou o cesamento do president, do vicepresident e dos consellers que fan parte do Govern. Mais non só eles. Tamén cesa altos cargos dos Mossos – tamén de Trapero-, así como a disolución de, entre outros, o Consell de Transición Nacional, ou as delegacións da Generalitat no estranxeiro. En total, cesaría perto de 150 persoas. De madrugada, o BOE publicaba os cinco real decretos con estas medidas. 

 

Rajoy asume as competencias de president da Generalitat e delégaas na vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría

 

Ademais, o Consello acordou pedir ao Tribunal Constitucional que se decrete a nulidade das decisións adoptadas esta sexta feira polo Parlament. “Estabamos perante un secuestro inadmisíbel”, dixo Rajoy, que, como xa fixera pola mañá, xustificou estas medidas para recuperar a legalidade e a constitución en Catalunya. “Hoxe en Catalunya impuxéronse os de canto peor, mellor”, asegurou, ao tempo que incidía en que o Estado español “dispón de medidos abondo para recuperar a normalidade”.

 

Non aceptar

 

Os consellers e altos cargos formalmente cesados polo goberno español teñen intención de acudir a traballar esta segunda feira con normalidade e até que se lles impida fisicamente. Unha decisión na que non entran os carhos dos Mossos destituidos.

 

Así o afirma Nació Digital, que tamén que traballadores da administración autonómica están a se organizar en asembleas para 'blindarse' diante do 155.



x