LUÍS VILLARES, PORTAVOZ DE EN MAREA

"Falar de terrorismo incendiario é un exercicio de frivolidade que xoga coa dor"

"Falar de terrorismo incendiario é un exercicio de frivolidade que xoga coa dor"
O portavoz de En Marea, Luís Villares. Foto: cedida.
O portavoz de En Marea, Luís Villares. Foto: cedida.  Foto: En Marea

Luís Villares acusou a Feijóo de pasar a vaga de incendios "agochado covardemente na manipulación informativa" e centrou a súa intervención nunha idea forza herdada das teses de Beiras sobre o afundimento do Prestige: "Esmoreceu o Estado e emerxeu a nación". "A súa fachada de bo xestor veuse abaixo, a súa reputación queimouse no domingo negro", engadiu o portavoz de En Marea, "porque non só houbo incompetencia, tamén houbo malicia e mentira na súa resposta".

 


O argumento idea central do presidente da Xunta, o suposto "terrorismo incendiario", a man negra que se atopa por detrás dos incendios, tamén foi duramente atacada por Villares. "Falar de terrorismo incendiario", afirmou, "é un exercicio de frivolidade, é xogar coa dor das vítimas, e unha tese que, fóra do seu gabinete e dos medios pagados, ninguén cre".

 

Porque a resposta dos medios de comunicación públicos -e non só- aos incendios foi outro dos frentes elexidos polo portavoz de En Marea. "Mentres as xentes pensaban en salvar as súas casas, vostede pensaba en salvar a súa cara", espetoulle, antes de reclamar o cesamento do director xeral da CRTVG Alfonso Sánchez Izquierdo.



x